16 agosto 2013

O FESTIVAL DA REDE EUROPEA DE ORQUESTRAS FOLK PERCORRE XA AS RÚAS DE VIGO. 16,17,18 DE AGOSTO


Dende o venres 16 de agosto terá lugar en Vigo o II Encontro da Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO, nas súas siglas en inglés), unha iniciativa impulsada polo Concello de Vigo a través da ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo) e mediante a que a música folk invadirá as rúas da cidade ata o domingo 18 da man das formacións integradas na ENFO: Sibelius Academy (Finlandia), Royal Conservatoire of Scotland, Piemonte-Artemotiva (Italia) e Sondeseu.

Coa presenza de máis de 80 músicos procedentes deste países europeos, as distintas agrupacións afrontan tres días cargados de actividade entre concertos a pé de rúa na Praza da Princesa e na Rúa do Príncipe, ensaios, jam-sessions e un macro concerto conxunto no auditorio de Castrelos na noite do Domingo 18 que rematará cunha suite en tres partes: escocesa, finesa e galega.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego