05 marzo 2018

EXTRAESCOLARES ETRAD 2017/18. Presentación do Libro CD “O gaiteiro de Santo Xusto, O son da Ulloa” de Bruno Villamor. Mércores 14 de marzo de 2018 20:30h Auditorio Milladoiro Libre e gratuíto ata completar aforo (100 persoas)



O mércores 14 de marzo teremos na escola a Bruno Villamor que  sacou á luz o cd-libro O Gaiteiro de Santo Xusto ‘O son da Ulloa’, continuación do libro que recibe o mesmo título publicado no ano 2014 no que recolle as vivencias do seu avó Ramiro Villamor, coñecido en toda a comarca da Ulloa como O Gaiteiro de Santo Xusto, un dos personaxes máis famosos e lembrados en A Ulloa da segunda metade do século XX. Neste disco recolle parte do repertorio que aprendeu de Ramiro Villamor ‘O Gaiteiro de Santo Xusto’ (Palas de Rei) reinterpretado.
           Para este proxecto rodeouse de amigos e amigas (músicos de recoñecido prestixio) como Davide Salvado, Xisco Feijóo, Pepe Vaamonde, Germán Díaz, Zoelas, Tango en Xan3iro, Cántigas e Frores, Begoña Lorenzo, Os Minhotos, Marcos Galán...
 Mércores 14 de marzo de 2018
20:30h
Auditorio Milladoiro
Libre e gratuíto ata completar aforo (100 persoas)


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego