Este monográfico sobre Pito pastoril galego impartido
por Anxo Pintos, tratará sobre a técnica básica de execución: respiración,
articulación, técnica mista de ornamentación, escalas, tonalidades de uso. Abordarase
tamén a interpretación dalgunhas melodías tradicionais. Imprescindible
instrumento (vale para a ocasión unha frauta de bico rectificada para
dixitación de gaita)
Venres 10 novembro de 2017
16h – 19h.
Aula 2. Faustino Santalices
Número de prazas: 15
Créditos computables por horas na ETRAD: 3h
Inscrición aberta ata o 10 de novembro na oficina da ETRAD. R/ García Barbón. 5, 986228087
Mañás: 10-14h. Tardes: 16-19h
Ningún comentario:
Publicar un comentario