O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
26 outubro 2017
O XOVES 26 ÁS 20:30H. A OFG SONDESEU ABRE O CURSO DO CSMV XUNTO Á ORQUESTRA E A BANDA SINFÓNICA DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO. Auditorio Martín Códax. ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORAMENTO
A Orquestra Folk de Galicia "SonDeSeu", dirixida por Rodrigo Romaní, participa na apertura oficial do curso do Conservatorio Superior onde ofrecerá un concerto cunha segunda parte na que estará acompañada pola orquestra e banda sinfónica do CSMV con obras e arranxos do propio Rodrigo Romaní, Xaquín Xesteira e David Cuevas. O concerto terá lugar no auditorio Martín Códax ubicado no propio conservatorio ás 20:30h. A entrada e libre e gratuita ata completar o aforamento
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario