01 xuño 2017

EXTRAESCOLARES ETRAD. Concerto de Conxunto 5. #DíESE#. Mércores 7 de xuño. 20:30hs. Patio da escola. Entrada libre ata completar aforamento.

Concerto de Conxunto 5. #DíESE#

Despois de moitos de traballo compoñendo e arranxando temas e facendo diversos concertos, @s alumn@s de conxunto 5 da ETRAD, que se deron en chamar #DíESE#, darán o seu derradeiro concerto do curso, dando así por rematada tamén a asignatura. Vinde a disfrutar da súa música e aplaudir os seus esforzos!

QUEN É DÍESE: somos un grupo constituído por alumnos da asignatura de conxunto instrumental da ETRAD (Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo), na que poñemos en practica os coñecementos adquiridos nas diferentes aulas que se imparten na escola, tanto teóricas como propias de cada instrumento, para logo converterse nun grupo musical cun repertorio creado ao longo de dous anos.
Comenta DÍESE.. "Neste conxunto pretendemos adaptar temas da nosa tradición musical a un estilo folk na que interveñen diferentes instrumentos apadriñados pola nosa cultura ao longo do tempo; dándolle un caracter moi singular tanto musical como interpretativo, xa que todos os  compoñentes vimos de diferentes estilos musicáis."
DÍESE somos:
-Juan Carlos Crespo Crespo : Requinta
-Beatriz Rodríguez : Requinta
-Alba Faro Barros : Voz e percusión
-Marcia Vasconez Pueyo : Voz e percusión
-María Jorge Bastos : Violín
-Roberto Mariño Cesar : Gaita
-Rubén Fernandez : Acordeón diatónico
-Sara Malvido Hermelo : Zanfona
-Salvador Pardo : Zanfona
-David Miguelez Silva : Arpa céltica
-Iago Boente García : Bouzouki
-Angel Alberto Oterino Dominguez : Guitarra acústica


Mércores 7 de xuño.
20:30hs.
Patio da escola.
Entrada libre ata completar aforamento.


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego