A OFG SonDeSeu, dirixida por Rodrigo Romaní, abre a tempada de concertos do ano 2017 en Portugal. Será o vindeiro sábado 14 de xaneiro, ás 21:30hs, dentro da programación do 2º Festival de Música de Fânzeres e Sâo Pedro da Cova, no salón parroquial de Fânzeres, cun repertorio escollido para celebrar os 15 anos de vida da primeira orquestra folk do país.
A OFG SonDeSeu en concerto
Festival de Música de Fânzeres (Portugal)
Sábado 14 de xaneiro
Salón parroquial de Fânzeres
21:30hs
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario