01 xuño 2016

FARELO en concerto na ETRAD. Os estudiantes de conxunto 5 rematan a sea andaina de concertos o mércores 1 de xuño ás 20:30hs no Auditorio Milladoiro



E chegamos ao derradeiro concerto de FARELO (Conxunto 5) que, por non perder a tradición destes anos, será na ETRAD. Aquí remata a súa xira, cheíña de moito traballo e un feixe de bos momentos. @s que aínda non tivéchedes a oportunidade de escoitalos ide anotando este día na axenda!!!

Mércores 1 de xuño
Auditorio Milladoiro
20:30h
Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento (100 persoas)

Estes 5 músicos forman un conxunto que nace como asignatura na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (E-TRAD), pero que evolúe cara un concepto musical moi persoal. Tomando como base a música tradicional e outros estilos modernos como influencia, esfarelan idea tras idea ata alcanzar o son que caracteriza o folk de FARELO.

Jose Manuel Páramo - Arpa
David Vicente - Percusións
Diego Bea - Voz
Marina Carpente - Violín

Elias Lamoso - Violín

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego