13 agosto 2013

A OFG SONDESEU EN CONCERTO. FESTAS DA PEREGRINA. MÉRCORES 14 DE AGOSTO. 23:45hs. PRAZA DE ESPAÑA

A OFG SondeSeu presenta nas Festas da Peregrina o repertorio da xira de verán 2013. Será o vindeiro mércores 14 de Agosto ás 23:45 hs na Praza de España. SondeSeu comparte noite e escenario con O Fiadeiro. Entre as dúas formacións tocará o dúo integrado por Begoña Riobó e Xosé liz.
A formación que dirixe Rodrigo Romaní, está conformada por 45 músicos formados na súa meirande parte nas aulas da ETRAD. A orquestra está a gravar nestes meses estivais o repertorio do seu novo traballo discografico que verá a luz no inverno de 2013. Neste concerto a OFG SonDeSeu ofrecerá un pequeno avance das novas músicas sobre as que está a traballar. Para non perder!!!

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego