14 xaneiro 2013

GALAXIA ETRAD: As Arpas de Breogán na Illa da Arousa

Prosiguen as presentacións do novo disco de Rodrigo Romaní co concerto do vindeiro sábado 19 de xaneiro no Auditorio da Illa da Arousa. O mestre de arpa da ETRAD estará acompañado de Inés Lorenzo, alumna de sexto ano de arpa e de Julia Feijoo, alumna do ciclo avanzado de percusión na escola. Ao contrabaixo estará Ángela Covelo. Como invitada especial, Noela Dosil, a novísima cantante de sete anos que interpreta unha das cancións do cd. O concerto será ás 21 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.