O concerto que o arpista Rodrigo Romaní dará este vindeiro domingo 25 de novembro na Igrexa de San Martiño de Noia, abre a xira de estrea do seu novo traballo discográfico en solitario: "As Arpas de Breogán".
Volcados nel, van dous anos de traballo dun dos máis sobranceiros músicos e arpistas da península, onde a experimentación e a audacia creativa, quedan perfectamente reflectidos en cada un dos temas que teredes ocasión de escoitar.
O director da ETRAD e da Orquestra Folk SondeSeu, volve amosarnos en "As Arpas de Breogán", o fino talento que guía a súa carreira desde os seus inicios, onde deu alento a Milladoiro, unha das formacións máis destacadas da música folk europea de todos os tempos.
Neste disco atoparedes a esencia que alumea os dedos deste músico irrepetible.
Non o perdades!
Rodrigo Romaní.
"As Arpas de Breogán"
Noia. Igrexa de San Martiño.
Domingo 25 de Novembro.
20:30 horas
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario