22 outubro 2012

Extraescolares ETRAD. Curso de Ranchos de Reis impartido por Javier Feijoó (Chisco)



Este curso está adicado ás Danzas de Reis, unha das máis antigas expresións que se conservan dentro da cultura tradicional galega, vencellada ás celebracións patronais das parroquias galegas na honra a Santos. Levarase a cabo a aprendizaxe dos movementos como a música das Danzas de Paus, contribuíndo non só a súa conservación no tempo, senon tamén á valoración desta tradición galega.

Todos os venres dende o 9 ao 30 de novembro (ambos incluídos)
De 16h a 19h.
Auditorio da ETRAD.
Número de prazas: 12.
Créditos computables por horas na ETRAD: 12h.
Último día de matriculación: 2 de novembro.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego