16/1/18

EXTRAESCOLARES ETRAD. Curso: Outros instrumentos para acompañar ao canto: pandeiro, lata e castañolas. Javier Feijóo (Xisco). Venres 19 e 26 de xaneiro de 2018. 17h – 21h.




Cantares de seráns, ruadas, polavilas e fiadeiros. Acompañados de cotío por pandeiros, máis outras veces por latas, tixolas, cunchas, botellas … Neste curso aprenderase a tanxer este tipo de instrumentos.
Cada alumn@ deberá traer cadanseu instrumento a tanxer no curso.

Venres 19 e 26 de xaneiro de 2018.
17h – 21h.
Aula 2. Faustino Santalices.
Número de prazas: 20.
Créditos computables por horas na ETRAD: 8h.
25 euros .Gratuíto para estudantes de medio.
Último día de matriculación: 19 de xaneiro.


4/1/18

A Banda de Gaitas das Aulas Abertas da ETRAD na Cabalgata de Reis de Vigo 2018.


O día 5 de xaneiro de 2018, e por quinto ano consecutivo, a Banda de Gaitas das Aulas Abertas da ETRAD participará na comitiva da Cabalgata de Reis que organiza o Concello de Vigo. Sairá ás 18:00h. percorrendo as rúas García Barbón, Policarpo Sanz, Porta do Sol e Elduayen.

Un ano máis, a Banda de Gaitas irá acompañada da Escola Municipal de Teatro, que desta volta participarán con cabezudos coa animación Gulliver no país dos contos.

Vémonos na Cabalgata!!!

19/12/17

Galaxia ETRAD. Os mestres de arpa e zanfona da ETRAD, Begoña Riobó e Anxo Pintos, no Concerto de Nadal da Universidade de Vigo de Cristina Pato sobre as músicas do Vindel. Martes 19 de decembro. Teatro Afundación. 20:30h

Os mestres da ETRAD, Begoña Riobó (Arpa céltica, violín) e Anxo Pintos (Zanfona), teñen sido convidados por Cristina Pato a participar no Concerto de Nadal da Universidade de Vigo sobre as músicas do Vindel. Cada un deles encargarase do arranxo e recreación dunha das cantigas de Martín Códax que interpretarán xunto ao elenco de músicos elixido sola gaiteira Cristina Pato para esta ocasión. A banda estará formada pola creadora e directora do espectáculo, Cristina Pato,  Wöyza, Ugía Pedreira, Pierrot Rougier e o coro da Mariña, Yago Vázquez, Miguel Cabana, Roberto Comesaña, Carlos Castro, o grupo Martín Códax e os mentados Begoña Riobó e Anxo Pintos.


Concerto de Nadal da Universidade de Vigo.
Cristina Pato. As músicas do Vindel. 
Martes 19 de decembro. 
Teatro Afundación. 20:30h

27/11/17

EXTRAESCOLARES ETRAD 2017/18. Audicion de Nadal. Mércores 13 de decembro de 2017. 19h. Auditorio do Concello de Vigo. Entrada libre ata completar aforamento.

Dende as 19h. do mércores 13 de decembro no Auditorio Municipal de Vigo, @s alumn@s das diferentes especialidades instrumentais (arpa, zanfona, requinta, gaita, percusión, acordeón diatónico, corda pulsada, violín folk e canto popular) así como os estudiantes de  conxunto, amosarán o aprendido ata o momento neste curso.

Día 13 de decembro (mércores) de 2017.
19h.
Auditorio do Concello de Vigo.

Entrada libre ata completar aforamento.

15/11/17

EXTRAESCOLARES ETRAD 2017/18. Monográfico: Laboratorio de composición e arranxos. Anxo Pintos. Venres 17 e 24 de novembro de 2017. 16h – 19h. Aula 2.


Neste monográfico impartido por Anxo Pintos, farase un repaso dos elementos básicos que conforman  e aparecen en toda composición e arranxo: melodía, ritmo, estilo, harmonía, silencio, forma, xénero... Falarase de cómo conformar a estrutura dun tema, como dar forma aos arranxos e variacións, que posibles direccións pode levar un tema seguindo varias premisas, para logo levar todo isto á práctica en grupos de traballo. Imprescindible instrumento.


Venres 17 e 24 de novembro de 2017
16h – 19h
Aula 2. Faustino Santalices
Número de prazas: 20
Créditos computables por horas na ETRAD: 6h
25 euros. Gratuíto para estudantes do ciclo medio da ETRAD.

Último día de matriculación: 17 de novembro

Galaxia ETRAD. O director da ETRAD, Rodrigo Romaní, recibe o Premio Nacional de Folclore "Martínez Torner" 2017.

Hai algúns días recibiamos con alegría a nova da concesión do Premio Nacional de Folclore "Martínez Torner" 2017, ao director da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo e da Orquestra Folk SonDeSeu, Rodrigo Romaní. Este premio vén recoñecer unha das traxectorias máis influíntes do panorama folk galego e peninsular que se proxecta ata o presente. 

31/10/17

EXTRAESCOLARES ETRAD 2017/18. Monográfico: O pito pastoril galego. Anxo Pintos. Venres 10 novembro de 2017. 16h – 19h. Aula 2. Faustino Santalices. Inscrición aberta ata o 10 de novembro na oficina da ETRAD. R/ García Barbón. 5, 986228087. Mañás: 10-14h. Tardes: 17-20h


Este monográfico sobre Pito pastoril galego impartido por Anxo Pintos, tratará sobre a técnica básica de execución: respiración, articulación, técnica mista de ornamentación, escalas, tonalidades de uso. Abordarase tamén a interpretación dalgunhas melodías tradicionais. Imprescindible instrumento (vale para a ocasión unha frauta de bico rectificada para dixitación de gaita) 

Venres 10 novembro de 2017
16h – 19h.
Aula 2. Faustino Santalices
Número de prazas: 15
Créditos computables por horas na ETRAD: 3h
Inscrición aberta ata o 10 de novembro na oficina da ETRAD. R/ García Barbón. 5, 986228087
Mañás: 10-14h. Tardes: 16-19h


VIGOFOLK

FolkenlaRed.com

Folque

A Regueifa Blog

EDUCAFOLK

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Noticias y Festivales en Tierrafolk.com

EL POZO DE STIRLING

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego

Escuela de Música Tradicional Llangréu